Ola nen*s
Disculpade que non escribíramos pero o certo é que non hai nada novo. É dicir, a situación é a seguinte:
En Madrid (sempre madrid, cona!) non permiten programacións alternativas á oficial á hora na que estabamos. Angels Barceló ten que ir por AM e FM, algo comprensible e máis na época de eleccións na que estamos.
Así as cousas, Radio Coruña (a quen temos que agradecer toda a confianza que están poñendo en nos porque están a facer o imposible por incluirnos na parrilla), continúa a buscar un buraquiño onde meternos.Pero a cousa é francamente difícil por non dicir imposible. NON HAI HORAS! De feito ofrecéronnos facer pildoriñas de 5 minutos que irían insertadas por aí polo medio da programación local, pero dixemos que non porque non sería Zapping. Xa unha hora é pouco, imaxinade cachiños de 5 min.
En fin, agradécese de todos os xeitos, por suposto.
Conclusión:
Ou alguén fai un milagre, ou Rajoy promete días de 30 h. ou quedamos onde estamos, é dicir no Por Fin es Sábado con Maite González, onde por certo, estase moi ben. Non é Zapping pero estamos moi a gustiño.
Pois isto é o que hai. Non sabemos que ocurrirá a tempada que ven pero paréceme a min que estaremos máis de oíntes que de "realizantes"
Sexa como sexa, queremos darvos mil millóns de gracias polo voso apoio incondicional, coma sempre. Sodes a hostia.
A ver se algún día podemos recompensarvos.
BIKOS, peña
Zapping