Ola rapac*s:
Somos Txury e Antón e queremos comentarvos varias cousiñas:
1. Polo programa do sábado non hai fallo. Témolo gravado nós, así que xa diredes como facemos.
2. Anunciámosvos que o día VENRES 27 de MARZO (este venres) faremos un DIRECTO DE DÚAS HORAS no Centro Cívico Municipal de Monelos (av. de monelos 2a). Alí estarán os colaboradores de sempre, con Fernanda ao frente. O comenzo do programa será ás 2030H. pero como xa sabedes, é mellor estar unha chisquiña antes.
3. O programa vai ser gravado e colgado despois na web da ser e na do concello. Por suposto se queredes colgalo aquí non tedes máis que dicilo.
4. Temos un cartel que nos gustaría que rulásedes via mail para que asista o máximo de xente posible (collen unhas 150 persoas). Así que se nos decides onde vos podo mandar o cartel , pois de puta madre.
5. Necesitamos -coma sempre- a vosa presencia a borbotóns (nada que ver cos Borbóns). Xa sabedes que sen vós non somos nel del panel.
6. E coma sempre tamén, agradecemos de antemán o voso esforzo por asistir e facer de Zapping algo que mole.
7. En vindeiros meses teremos máis directos. Xa iremos avisando.
RULADE ESTA INFO E POR FAVOR, A XENTE QUE LEA ESTE POST, QUE VAIA POÑENDO CONFIRMACIÓNS DE ASISTENCIA PARA IR SABENDO NÓS COMO VAI A COUSA.
MIL MILLÓNS DE MILLÓNS DE GRACIAS A TOD*S!!!!!
Forza Zapping!
YESSSSSSSSSSS.....